O sábado terá lugar no Porto de Ferrol o 41º Trofeo Cidade de Ferrol de Halterofilia

Instante da presentación – Concello de Ferrol

O Concelleiro de Deportes Suso Basterrechea xunto a Pepe Meis e Tomás Ibañez como representantes do Club de Haterofilia Ferrol, presentaron a 41º edición do Trofeo Cidade de Ferrol de Halterofilia, que terá como escenario o Porto de Ferrol. Dende a organización indican que en caso de mal tempo o Trofeo terá lugar no Pavillón do Ensanche.

A competición dará comezo ás 10.00h da mañá e rematará ás 14.30 horas e tal como sinalou Pepe Meis será unha cita importante xa que competirán “grandes figuras deste deporte como Facundo Cancelo, Roberto Salcines, Marcel Shall, Juan Rivera ou Julián Dono entre outros” ademais agradeceu ao Concello e “especialmente a Suso Basterrechea o seu compromiso e a súa colaboración para que poida ter lugar unha nova edición deste Trofeo Cidade de Ferrol”.

Pola súa banda o concelleiro de deportes Suso Basterrechea sinalou que “é un campionato de longa traxectoria xa na cidade” e resaltou “ o alto nivel do deporte da Halterofilia na cidade,” así reiterar apoio do Concello para “este deporte e para este Trofeo Cidade de Ferrol”. Tamén animou a cidadanía a que se acheguen este fin de semana por Ferrol Vello “xa que será un fin de semana completo no deportivo e no lúdico”.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …