Este xoves chegan os Clesa-Contos ao Centro Cívico de Canido

Este vindeiro xoves 3 de agosto no Centro Cívico de Canido a partir das 11.00 h da mañá chegan os Clesa-Contos nunha actividade na que colaboran a AVV de Canido e o Concello de Ferrol.

A actividade que terá unha hora de duración está pensada para idades a partir do 5 anos. O aforo total é de ata un total de 50 nenos e nenas con acompañantes, e constará de distintas actividades na que os nenos e nenas aprenderan a importancia de consumir produtos lácteos, conceptos sobre o cooperativismo entre outros aspectos.

A actividade constará dun contacontos sobre a posta en valor da leite, un obradoiro de ilustración e unha degustación final do produto. A actividade é de balde e aberta a todos os nenos e nenas da cidade.

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …