O Tríatlon Cidade de Ferrol pechará ao tráfico este sábado o porto de Curuxeiras

David Campos en Curuxeiras – Triatlón Ferrol

O Tríatlon Cidade de Ferrol que se celebrará na tarde do sábado no porto de Curuxeiras obrigará a pechar ao tráfico un percorrido máis amplo que o pasado campionato galego de menores.

Desde as 15,00 horas ata as 19,45 horas, non se poderá circular pola estrada Alta do porto nin polas inmediacións de Curuxeiras ata o enlace coa rúa San Francisco.

En canto á autopista, o ciclismo circulará polos carrís de saída da cidade ata o Raposeiro. É dicir, a última saída da AP-9 será a de A Malata e a primeira entrada aberta será a de Catabois, polo que os conductores procedentes de A Malata deberán desviarse a Canido para poder acceder.

Os vehículos aparcados ao longo do percorrido non se poderán mover mentres dure a competición.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …