Historias para non dormir- Crego e monaguillo

Juan J. Burgoa

As esquelas funerarias que actualmente publica a prensa son cada vez máis ilustrativas da diversidade de comportamento da sociedade ante a inevitable presenza da morte. Lendo con atención, de moitas delas pódense inferir, mesmo chegar a coñecer, historias de gran interese.

Fai poucas datas, publicouse en varios periódicos de Galicia a curiosa esquela que se reproduce, referente a un cura, o Pai Paúl Ernesto Atanes Payo, apodado no texto como “crego e monaguillo”, indicando que o seu cadáver sería velado na adega precisamente dese nome, situada en A Salgueira, aldea do concello de Monterrei e lugar onde se cultivan e elaboran os recoñecidos viños de denominación de orixe Monterrei.

O falecido era un Pai Misioneiro Paúl, pertencente ao Clero Regular, que durante case 50 anos exerceu a súa misión en Londres, onde estaba considerado como o capelán dos españois na capital inglesa. O seu labor a prol dos emigrantes non lle impediu fundar unha adega no seu concello natal de Monterrei, onde, o propio Ernesto Atanes, lembrando que foi monaguillo antes que crego (outros foron “cocineros antes que frailes”), elaboraba un viño así chamado, que se pode degustar en moitas tabernas galegas e que ten un serio prestixio pola súa calidade.

O crego Ernesto Atanes foi enterrado no cemiterio de A Salgueira. Cecais as súas crenzas relixiosas non lle permitiron que as súas cinzas fosen depositadas ao pé dos viñedos de Godello e Treixadura, cos que se segue a elaborar o viño branco “Crego e Monaguillo”.

OTRAS HISTORIAS PARA NO DORMIR

Cine Zárate. Mugardos. Obra del arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez-Losada. Año 1926. Incluído hace pocos días como Monumento en el Catálogo del Patrimonio Cultural de Galicia

Teatro Renacimiento. Ferrol. También obra del arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez-Losada. Año 1919. Destruído por un incendio (intencionado ?) el año 1991. Abandonado por las sucesivas corporaciones municipales de Ferrol.Teatro Renacimiento. Ferrol.

 

 

Lea también

Año Nuevo

Alejandro Padilla- Año 2018, comienza un nuevo año cargado de ilusión y nuevos propósitos y …