Aprobada no pleno extraordinario a proposta de modificación do anexo de subvencións nominativas de Cultura

Pleno extraordinario – Concello de Ferrol

Esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Ferrol tivo lugar o Pleno extraordinario no cal foi aprobada a Proposta de modificación do anexo de subvencións nominativas da área de cultura para o ano 2017.

A devandita proposta contou cos votos a favor do grupo municipal do PSOE, Ciudadanos e do grupo de goberno, e coa abstención do Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego co cal este único punto da orde do día saíu adiante con 10 votos a favor e 11 abstencións.

Nesta proposta de modificación de anexo de subvencións nominativas que se levou a pleno increméntase a contía para a entidade Toxos e Froles e son recollidas dúas novas subvencións no suposto das Meninas de Canido e do Ateneo Ferrolán.

No caso de Toxos e Froles o importe pasa de 8 000 € a 13 000 €, polo incremento das súas actividades e terá como obxecto a organización de xornadas e coloquios de Cultura Aberta.

No caso das Meninas de Canido son 10 000 € previstos para o Festival das Artes das Meninas de Canido que terá lugar no fin de semana do 2 e 3 de setembro. Por último o Ateneo Ferrolán cun importe de 15 000 € para custes de mantemento das instalacións da súa biblioteca ademais da organización de diversas actividades culturais que organiza esta entidade.

O concelleiro de Cultura Suso Basterrechea subliñou “o importante labor que desenvolven estas entidades na vida cultural de Ferrol e polo tanto a importancia de que se aprobara esta proposta elevado ao pleno”.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …

Un comentario

  1. Qué raro, la entidad que más fondos recibe es la que se dedica a defender que España debe ser una república. Será que atrae más gente que las Meninas o que el Toxos.