EU celebra a sentenza que mellora as condicións laborais que xestiona EULEN en Narón

André Abeledo – EU Narón

Dende EU Narón aplauden a sentenza que mellora as condicións laborais no sector da axuda domiciliaria a dependentes xestionada por EULEN en Narón. A resolución xudicial obriga á empresa EULEN, concesionaria deste servizo en Narón, a actualizar os salarios do persoal, conxelados desde o 2013.

Abeledo indica que “saudamos a sentenza por ser unha vitoria das traballadoras e traballadores, pero tamén criticamos ao goberno de Narón por permitir que a empresa incumprise as obrigas laborais, posto que entendemos que o Concello debe vixiar e controlar que as empresas concesionarias respecten os pregos de condicións e os dereitos dos traballadores“.

Algo que xa denunciou Abeledo no caso dos traballadores e extraballadores de VILAMIÑO, empresa que traballaba no proxecto do local social de Pedroso, e que non pagaba en tempo e forma aos traballadores, nin sequera os despedidos.

Ou cando dende EU Narón defendían que dende o Concello de Narón debían apoiar ás traballadoras e traballadores da empresa mixta de augas de Narón (COSMA), despois de que as negociacións para a sinatura do convenio colectivo quedasen rotas.

Dende o consistorio “deberíamos facernos responsables da defensa dos dereitos das traballadores e traballadores que manteñen calquera tipo de relación laboral ligada ao Concello de Narón“, afirman en EU Narón.

André Abeledo defende a necesidade de mellorar dun xeito substancial as condicións laborais no servizo de atención domiciliaria (SAD) de Galicia, sector no que a maior parte do persoal son mulleres.

Abeledo denuncia que “este problema non é só de EULEN, senón en xeral do sector de axuda a domicilio, nin se respectan os convenios, nin as xornadas, nin os dereitos das traballadoras, que realizan este duro e estresante traballo por salarios miserentos e en condicións moi precarias e penosas“.

Lea también

El PP de Narón se hace eco de las quejas de los vecinos por las obras en la avenida del Feirón

El grupo municipal del Partido Popular de Narón se hizo hecho eco de las quejas …