Copa de Europa para as internacionais do Triatlón Ferrol

Camila e Melina Alonso – Triatlón Ferrol

Inés Santiago, Camila Alonso e Carmen Gómez xa están en Bélxica preparándose para a Copa de Europa de Wuustwezel deste domingo.

As internacionais do Triatlón Ferrol non descansan despois do Europeo sub-23. Camila Alonso, actual 77ª do ranking mundial, notou molestias no ombreiro lesionado en competición aínda que esta semana mellorou. Pola súa banda, Inés Santiago pagou a acumulación de probas pero xa se está a sentir con forzas de novo e para Carmen Gómez podería ser a última competición do ano ao continuar con molestias correndo.

A Copa de Europa de Wuustwezel terá lugar en formato esprinte de 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …