“Escenarios Paralelos” leva este sábado ás Forcadas o show de ciencia ficción “O Autoestopista Intergaláctico”

Cartel do evento – Concello de Valdoviño

Cita co programa municipal “Escenarios Paralelos” este sábado, 12 de xullo, no club náutico As Forcadas. Neste marabilloso entorno veciños e visitantes poderán disfrutar do espectáculo “O Autoestopista Intergaláctico”, a cargo da compañía Pista Catro. Será a partir das 19,30 horas –en caso de choiva, a proposta trasladaríase ó auditorio da Casa da Cultura-.

“O Autoestopista Intergaláctico” é un show de ciencia ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas. Un burato espazo-temporal entre varias dimensións é o pretexto argumental que dá pé ao arranque do show e que servirá de motor para a aparición de cada personaxe, cada un máis singular que o anterior. Dotados de poderes propios, desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control dos obxectos malabares, paralizan ó público con monólogos que producen gargalladas…

“Escenarios Paralelos” é un programa cultural deseñado polo Concello de Valdoviño coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.

Lea también

Cariño intensifica su plan integral de restauración de mobiliario

Reparación de baldosas, reposición de aceras y bordillos de aceras, restauración de papeleras o sustitución …