Ante a proliferación de Feiras Medievais en toda Galicia Ferrol necesita unha Feira da Ilustración

Fot. Ignacio del Moral

O Foro de Amigos de Ferrol ante a proliferación de Feiras Medievais en toda Galicia defende a celebración dunha Feira da Ilustración como sinal distintiva de Ferrol.  

                                    —–ooooOoooo—-

As feiras e mercados tradicionais foron de sempre moi importantes en Galicia como lugar de encontro dos veciños e de troque de produtos agropecuarios e artesanais. Son de grande tradición as feiras de Pascuas en Padrón, San Lucas en Mondoñedo, San Froilán en Lugo, as feiras periódicas de Betanzos, Tui, O Carballiño ou Arzúa, e as feiras de gando espalladas por Galicia, como a de Salgueiriños en Santiago. Nelas móntanse os típicos toldos e casetas de polbo e churrasco, onde xunto a unha cunca do viño do Ribeiro se fan os acordos e os trasacordos, pechándose moitos tratos comerciais.

Nos últimos anos, moitos concellos de Galicia celebran no verán unha sorte de feiras medievais, ben por ter un casco histórico de época nun relativo bo estado, ben por algunha conmemoración histórica. Entre as máis coñecidas temos a Festa da Istoria de Ribadavia, a Feira Franca de Pontevedra e os mercados medievais de Santiago, Betanzos, Baiona, Verín e Noia, entre outras que tratan de revivir deste xeito o seu pasado medieval.

Feira Medieval

Mentres tanto en Ferrol, os sucesivos responsables de Cultura e Turismo do Concello seguen coa mesma teima de sempre, persistindo no erro de chantar nas datas do verán unha murcha Feira Medieval nos lugares máis estragados da cidade. Antes de facer alí esa Feira habería que restaurar o casco de Ferrol Vello, de orixe e trazado medieval.

Feira mensual de Ferrol

No que atinxe á Feira de Ferrol, celebrada hoxe de xeito tradicional o terceiro domingo de mes, tivo como orixe unha Real Providencia de 26 de Agosto de 1767, tendo lugar na praza das Dores. Despois de pasar pola praza de Armas, instalouse desde o ano 1901 no Paseo do Túnel estendéndose logo á rúa Irmandiños, mentres que o mercado de gando remataba na Feira do Dous en Serantes.

Hoxe a Feira de Ferrol leva anos esmorecendo, practicamente convertida nun aburrido e mal organizado feirón na rúa Irmandiños.

Feira da Ilustración

Coa chegada do século XVIII, a Coroa fixo de Ferrol unha vila de reguengo transformándoa no maior centro de construción da Real Armada, converténdoa na urbe máis poboada de Galicia e outorgándolle a sinal de identidade de Cidade da Ilustración, que a distingue doutras vilas e cidades galegas.

Por iso, no verán a cidade de Ferrol debería celebrar, como sinal distintiva e propia de seu, unha Feira da Ilustración .

Feira de Mostras. FIMO

Noutra ocasión habería que falar da vergoña desa decadente e desleixada Feira de Mostras de Punta Arnela, herdeira da que foi prestixiosa Feira da Industria Naval. Pola habitual falla de apoio de Madrid, por non ter un axeitado valedor en Santiago, pola desidia dos empresarios e polo mal facer do Concello ferrolán, a Feira de Mostras cumpre hoxe cincuenta e catro anos de existencia, practicamente arruinada e sen uso nas súas amplas instalacións.

Pola transcrición Juan J. Burgoa

 

 

Feira Medieval. Mentres tanto en Ferrol, os sucesivos responsables de Cultura e Turismo do Concello seguen coa mesma teima de sempre, persistindo no erro de chantar nas datas do verán unha murcha Feira Medieval nos lugares máis estragados da cidade. Antes de facer alí esa Feira habería que restaurar o casco de Ferrol Vello, de orixe e trazado medieval.

 

 

Feira mensual de Ferrol. No que atinxe á Feira de Ferrol, celebrada hoxe de xeito tradicional o terceiro domingo de mes, tivo como orixe unha Real Providencia de 26 de Agosto de 1767, tendo lugar na praza das Dores. Despois de pasar pola praza de Armas, instalouse desde o ano 1901 no Paseo do Túnel estendéndose logo á rúa Irmandiños, mentres que o mercado de gando remataba na Feira do Dous en Serantes. Hoxe a Feira de Ferrol leva anos esmorecendo, practicamente convertida nun aburrido e mal organizado feirón na rúa Irmandiños.

Lea también

Ferrol-El Ateneo Ferrolano prosigue los martes de cine con el Ciclo «Cine Feito por Mulleres»

Martes día 19 de outubro: “La boda de Rosa” Iciar Bollain. 2020. 100’ Reparto: Candela Peña, Sergi López, Nathalie Poza, Paula Usero, Ramón …

Un comentario

  1. Completamente de acuerdo en lo de la Feria de la Ilustración, como también se podría hacer una modernista; no tan de acuerdo en que no haya la medieval, puesto que es un polo de atracción de visitantes más. Seguramente la solución pasa por innovar, y no copiar lo que hagan los demás. Con respecto a la feria mensual considero que la ubicación es mala y el planteamiento peor. Si consiguiéramos repensar las cosas se debería hacer en el entorno de las plazas de España y Sevilla, y se debería ofrecer a los clientes algún producto diferenciado (principalmente artesanía y productos locales y comarcales). También mejoraría si se buscara una estética atractiva, con casetas de madera y tela en vez de puestos de aluminio y plástico.