“Somos Gente Honrada”, este luns no ciclo de cine nocturno ó aire libre

Nova cita este luns, 21 de agosto, co mellor cine no ciclo municipal estival organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura. Nesta ocasión, proxectarase o filme “Somos Gente Honrada”, unha comedia dramática dirixida por Alejando Marzoa que conta, entre os seus protagonistas, co actor galego Miguel de Lira. Con entrada de balde, o pase terá lugar ás 22 horas na praza da Casa da Cultura. En caso de choiva, trasladaríase ó interior das instalacións municipais.

A película narra as aventuras de dous amigos de toda a vida que, ó quedar no paro, atopan saída á crise das súas vidas ó dar por casualidade cun alixo de droga. Así, o filme sirve de reflexo da propia crise que vive a sociedade española e dos problemas de numerosas persoas para entrar no mercado laboral unha vez saíron do mesmo. Ademais, “Somos gente honrada” conta con acertadísimas interpretacións de Paco Tous e Miguel de Lira, xunto a Unax Ugalde e Manuela Vellés.

O ciclo de cine impulsado polo Concello de Valdoviño conta co apoio da Deputación provincial da Coruña, a través da Rede Cultural.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …