Neda licita por 163.920 euros dous proxectos do Plan Único da Deputación para pavimentar varios camiños rurais

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación de dous proxectos financiados polo Plan Único da Deputación en Neda, que consistirán na pavimentación de varios camiños rurais.

A institución provincial destina un total de 163.920 euros a estes traballos, dentro dos 421.504 euros que dedica este ano ao concello de Neda a través do Plan Único. Un orzamento co que, ademais de acometer diversas melloras en viais municipais, utilizarase para reducir a débeda e financiar parte do gasto corrente do Concello, que se destinará á iluminación pública e á limpeza.

Os Camiños de Costa da Silva a Gunduriz e de Rabadeña a Gunduriz, na parroquia de Neda, contarán cun orzamento de 113.920 euros, mentres que ao vial que conecta a AC-121 con Porta da Pena, na parroquia de Viladonelle, destinaranse 50.000 euros.

Os traballos consistirán na limpeza da superficie das estradas, o perfilado das cunetas, a reparación dos baches e a renovación do firme mediante mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor.

Con estas obras preténdese mellorar a seguridade viaria tanto do tráfico rodado coma dos peóns, facilitar o acceso aos núcleos rurais e reducir os custos do mantemento. Os viais contan na actualidade con regos asfálticos que obrigan a actuacións de reparación continuas por parte do concello, mentres que a nova pavimentación terá unha duración e resistencia moi superior.

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …