Cerdido e CADO arqueoloxía organizan este sábado unha actividade didáctica e un taller de cerámica para nenos

O Concello de Cerdido coa colaboración de CADO Arqueoloxía organiza este sábado 26 de agosto un taller de cerámica que irá acompañado dunha explicación didáctica da prehistoria e do traballo que farán durante estas semanas o equipo de arqueólogos no lugar. Ademáis haberá tamén divertidos xogos como unha xincana arqueolóxica no contorna da área recreativa.

O Concello convida a pais e nenos a gozar destas actividades ao aire libre que se desenvolverán en horario matinal de 11:00 a 13:00 horas. Será tamén unha oportunidade para gozar dunha xornada lúdica nunha contorna natural onde ademais poderán gozar de alternativas como o paseo fluvial do río Pontellas e a contorna e a beleza natural deste Concello.

Lea también

Neda mantendrá abierta la inscripción en la escuela infantil hasta cubrir vacantes

El Ayuntamiento de Neda ofrece a las familias la posibilidad de inscribir a nuevo alumnado …