O Triatlón Ferrol defende título de campioas galegas con Camila Alonso á cabeza

Camila Alonso en competición – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol chega ao campionato galego de tríatlon como vixente campión e buscará repetir título con Camila Alonso liderando un equipo que completan Melina Alonso e Emma Romeo.

A menor das irmás Alonso é unha candidata ao triunfo individual. Actualmente ocupa o posto 81º da clasificación mundial e chega a Pontevedra despois dun mes de competicións internacionais, na previa das últimas xornadas de Liga de Primeira División e do colofón co Mundial sub-23.

En categoría masculina, o equipo formado por Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa, Jorge Morado, Borja Catrufo e Edu Saavedra ten por diante o difícil reto de repetir ou mellorar o cuarto posto acadado a pasada temporada.

Paralelamente ao campionato galego, seis integrantes do club ferrolán participarán na proba popular esprinte: Laura García, Luis Rilo, Pablo Sanjurjo, Manu Pita, José María Eiroa e Gonzalo Jiménez.

O campionato galego desenvolverase este sábado en Pontevedra en formato esprinte de 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

CLESA volve a apoiar o baloncesto feminino da man do BAXI Ferrol

CLESA retoma o seu apoio ao Baxi Ferrol no momento no que o equipo feminino …