O XXVII Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño disputarase este sábado

Cartel do torneo – Concello de Valdoviño

O XXVII Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño disputarase este sábado, 26 de agosto. Nesta edición, o trofeo celebrarase no campo de fútbol de Mourente, e nel tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, a UD Lago, a SD Valdoviño e o Meirás CF.

O calendario xa está pechado e os partidos comezarán ás 17 horas. Terán unha duración de 45 minutos, de modo que a competición queda da seguinte maneira: ás cinco do serán enfrontaranse a UD Lago e o Meirás CF e, ás seis, o CD Rosalía e a SD Valdoviño. Os equipos que perdan os encontros xogarán polo 3º e 4º posto ás 19 horas, namentras que ás 20 horas disputarase a final.

Dende o Concello, promotor do torneo xunto ós clubes participantes, anímase á veciñanza e tamén ás persoas que estes días visitan o municipio a acudir ó mesmo, un dos máis veteranos da comarca, e disfrutar deste auténtico espectáculo de fútbol.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …