A Carreira na Area da praia da Frouxeira adáptase ós atletas con discapacidade física e intelectual

Cartel da carreira – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de anunciar que sumará un novo treito de 800 metros na Carreira na Area da praia da Frouxeira que se celebrará este domingo ás 12 horas. O obxectivo da iniciativa é facilitar a participación dos atletas con discapacidade física e intelectual cun treito adaptado ás súas capacidades. Deste xeito, o Concello atende a petición realizada pola asociación Aspanaes, e membros da entidade tomarán parte na cita.

A participación na carreira é completamente gratuíta e basta con presentarse na caseta de socorrismo unha hora antes do inicio para formalizar a inscrición. Arrancará deste punto e alcanzará a zona de Outeiro, para regresar de novo ás instalacións municipais.

A distancia a percorrer segundo a categoría é a seguinte: menores (benxamíns): 200 metros; medianos (alevíns e infantís): 400 metros; a nova categoría de 800 metros e absoluta (dende cadetes a veteráns): 5000 metros.

Esta Carreira, nun entorno natural único, foi recuperada polo Concello en 2015 tras un parón duns dez anos. Así mesmo, dende a Concellería de Deportes anímase a veciños e visitantes a participar na carreira e conseguir de novo que sexa un auténtico éxito.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …