Rebeca Soto e Nicolás Sedes, vencedores absolutos da III Carreira na Area na praia da Frouxeira celebrada este domingo

Instante da carreira – Concello de Valdoviño

Uns 70 atletas tomaron parte onte na terceira edición da Carreira na Area da Frouxeira organizada pola Concellería de Deportes de Valdoviño que dirixe Sergio Saavedra. Unha carreira con participación gratuíta para fomentar o deporte en familia e, polo tanto, cun percorrido de baixa dificultade pensado para todas as idades. Así mesmo, e como novidade este ano, sumouse un percorrido adaptado para facilitar a participación de corredores con discapacidade intelectual ou física. Iniciativa tomada a instancias do colectivo Aspanaes.

En canto á clasificación, Rebeca Soto Viñas resultou a gañadora da categoría absoluta, namentras que Nicolás Sedes Doce logrou o trunfo na mesma categoría homes. En medianos (alevíns e infantís) as victorias foron para María Hermida Rodeiro e Diego González Pernas. En menores (benxamíns) para Alba Pena Soto e Iván Gaimes e, na categoría adaptada, a primeira en cruzar a liña de meta foi Fe Alba Pena Riveiro. De seguido, os tres primeiros e primeiras por categoría:

Absoluta:

1. Rebeca Soto Viñas
2. Begoña Pernas Gómez
3. María Pérez Martínez

1. Nicolás Sedes Doce
2. Antonio Díaz-Montero Caramés
3. Juan Carlos González Orozco

Medianos:

1. María Hermida Rodeiro
2. Aroa Teijeiro Sevilla
3. Ainara Lamas Ramos

1. Diego González Pernas
2. Hugo Teijeiro Sevilla

Pequenos:

1. Alba Pena Soto
2. Noa Ardao Galego
3. Noa Romero

1. Iván Gaimes
2. Manuel Sedes Montero
3. Héctor Bermúdez Novo

Adaptada:

1. Fe Alba Pena Riveiro
2. Pablo Muñiz Roade
3. Carlos Cabanillas Trillo

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …