O Concello de Cabanas organiza este domingo unha ruta de sendeirismo a Redes

Redes – Concello de Ares

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, celebrará este domingo, 3 de setembro, unha nova ruta de sendeirismo para dar a coñecer o municipio. Nesta ocasión, está especialmente dirixida ó público familiar, co que se optou por un trazado de dificultade baixa. Partirá da Oficina Municipal de Turismo ás 10 horas e terá como destino Redes, na localidade veciña de Ares. A participación é gratuíta, aínda que é preciso incrición previa. Pode facerse no correo electrónico cultura@cabanas.gal ou no teléfono 674 25 88 12 antes do sábado.

Dende a Oficina Municipal de Turismo de Cabanas, ubicada no entorno do parque do Areal, os participantes marcharán cara o piñeiral da Madalena para subir pola senda que conduce a Chamoso. De aí, e polo camiño que bordea a ría, avanzarase ata Redes, disfrutando de incribles panorámicas de Cabanas. Unha ruta duns 11 quilómetros incluíndo ida e volta.

A proposta impulsada pola Concellería de Deportes forma parte do calendario de rutas que, mensualmente, organiza durante os meses de verán.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …