Concilia Cabanas levou de excursión ós nenos e nenas ás Fragas do Eume

Instante da visita – Concello de Cabanas

O programa municipal Concilia Cabanas levou ós máis pequenos da casa de excursión ás Fragas do Eume para disfrutar dun entorno natural único. Así mesmo, a expedición municipal fixo unha parada no mosteiro de Caaveiro. Fundado como tal por San Rosendo no ano 936, aínda que con data de construción anterior, a igrexa actual é románica, de finais do século XII. Ademais da súa espectacular beleza arquitectónica destaca pola súa impresionante ubicación sobre un promontorio nun entorno único. Entorno que disfrutaron os nenos e nenas con esta iniciativa impulsada polo Concello de Cabanas.

Foi unha das excursións levadas a cabo no marco deste programa municipal da Concellería de Servizos Sociais que, dende primeiros do mes de xullo, ten como escenarios principais a praia da Madalena e as instalacións deportivas municipais.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …