As rutas polo Eume a bordo da gamela Anduriño continuarán ata o 15 de setembro

Ruta polo Eume – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas estenderá ata o vindeiro 15 de setembro as rutas turísticas polo Eume a bordo da gamela “Anduriño”. Unha novidosa proposta para coñecer un incomparable entorno dende unha perspectiva diferente. Así, as persoas interesadas en subirse a esta embarcación tradicional poden reservar a súa praza na Oficina Municipal de Turismo, a través do teléfono 981 43 45 66 ou do correo electrónico oficinadeturismocabanas@gmail.com.
O “Anduriño” realiza rutas a diario, cun mínimo de tres viaxes ó día e uns horarios que dependen das mareas. As prazas están limitadas a oito por viaxe que, xunto ó patrón, completan a capacidade da gamela.

O alcalde, Germán Castrillón, explica que esta iniciativa nace da aposta do Concello pola promoción de Cabanas dun modo diferente e novidoso e sinala que as viaxes permiten coñecer a labor dos mariscadores a flote da ría de Pontedeume e Cabanas; contemplar a riqueza ornitolóxica das fermosas ribeiras da ría e, como non, o parque natural das Fragas do Eume, un lugar único que conserva os últimos vestixios dos Bosques Atlánticos Europeos. A ruta parte do Campo do Oito e o prezo da viaxe é de cinco euros. No caso de nenos menores de 10 anos, é gratis (un rapaz por familia).

O “Anduriño” é unha embarcación tradicional galega concebida para a pesca artesanal, de 7,30 metros de eslora e 2,87 metros de manga, construída na Escola Taller “A Aixola” de Marín, e cedida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Rural e Mariño.

Lea también

Neda mantendrá abierta la inscripción en la escuela infantil hasta cubrir vacantes

El Ayuntamiento de Neda ofrece a las familias la posibilidad de inscribir a nuevo alumnado …