Concilia Cabanas chega ó seu remate cun encontro interxeracional entre os nenos e os usuarios da residencia de maiores de Laraxe

Instante do evento – Concello de Cabanas

O programa municipal Concilia Cabanas chegou hoxe ó seu remate tras dous intensos meses de actividades para os máis pequenos da casa. Durante as mañás de xullo e agosto, de 9 a 14,30 horas, nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2013 tomaron parte na programación, que incluíu xogos populares e alternativos; teatro; contacontos ou aula de natureza. A praia da Madalena e as instalacións deportivas municipais foron os principais escenarios do programa impulsado pola Concellería de Servizos Sociais, aínda que non os únicos.

Trala excursión ás Fragas do Eume, unha das últimas propostas consistiu nun encontro interxeracional entre os nenos e nenas de Concilia Cabanas e os usuarios e usuarias da residencia de maiores de Laraxe. Un encontro para aprender das persoas maiores e intercambiar conversas. Os nenos e nenas leron un conto namentras que os maiores lles falaron dos xogos típicos da súa infancia. Unha actividade, sen dúbida, enriquecedora para ambas partes.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …