Arranca o primeiro curso escolar na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Inicio do curso – Concello de Valdoviño

A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia abriu hoxe as súas portas para dar a benvida ó seu primeiro curso escolar. Así, ó longo da mañá recibía ós doce nenos e nenas que acudirán ás instalacións nunha primeira xornada na que estiveron acompañados das súas familias. Segundo as monitoras, tratouse dunha xornada de adaptación, que continuará durante a próxima semana para que os nenos e nenas se habitúen ó espazo.

O alcalde, Alberto González, lembrou que o Concello mantén aberta a matrícula no servizo ata completar as 20 prazas disponibles. Valorou moi positivamente a demanda, xa que se duplicou co inicio do curso. Lembrou que a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia abría as súas portas en xuño con seis nenos e nenas e, tras o parón do mes de agosto, afronta agora o seu primeiro curso completo.

Trátase dun servizo para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias, permitindo ó Concello fixar poboación, segundo destaca o alcalde. As instalacións están ubicadas nun entorno único como a zona da praia da Frouxeira e contan no seu interior con dous espazos para o xogo, outro para o descanso, cuartos de baño e cociña. Complétase cunha zona exterior de xardín con elementos para o xogo e unha pequena horta.

O seu funcionamento é de 8 a 16 horas de luns a venres, pechando no mes de agosto. Ademais da xornada completa hai opción de media xornada en horario de 9 a 13 horas. Proporcionaráselles almorzo e merenda, así como o xantar ás crianzas que participen da xornada completa, sendo as familias as encargadas de aportalo.

Para anotarse, as familias deben entregar a correspondente documentación no Rexistro Xeral da casa consistorial –primeira planta- e poden obter máis información no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa-.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …