Valdoviño convoca á veciñanza ó acto de homenaxe ós irmáns Hermida polos seus éxitos en Kaiak Polo

Yoli Hermida y Adrián Hermida en Saint-Omer – Copacabana Ferrol

O Concello de Valdoviño convoca á veciñanza ó acto de homenaxe ó palista valdoviñés Adrián Hermida, campión de Europa de Kaiak Polo coa selección española, e á súa irmá, Yolanda Hermida, sexta coa selección española sub 21. O acto terá lugar este sábado, 9 de setembro, ás 12 horas na Casa da Cultura do municipio. Segundo explicou o alcalde, Alberto González, con el, o Concello quere recoñecer a excepcional traxectoria deportiva dos irmáns Hermida e, ó mesmo tempo, trasladarlles o recoñecemento e agarimo dos seus veciños e veciñas. Por isto, anima á cidadanía a sumarse á iniciativa e respaldar coa súa presenza o acto, con entrada de balde.

Na Casa da Cultura, a corporación recibirá ós deportistas locais e faranlle entrega dunha placa conmemorativa. Invitarase tamén ós homenaxeados a compartir unhas palabras co público e a asinar no Libro de Ouro do municipio.

Adrián Hermida proclamábase no mes de agosto campión de Europa de Kaiak Polo coa selección española. Porteiro titular, vencía en Francia ó combinado alemán por un contundente 4 a 2. Non é o único éxito deportivo do valdoviñés, que nos Xogos Mundiais de Wroclaw –Polonia- lograba o bronce, entre outros títulos. Pola súa banda, Yolanda Hermida lograba coa selección sub 21 a sexta posición no campeonato europeo.

Lea también

CLESA volve a apoiar o baloncesto feminino da man do BAXI Ferrol

CLESA retoma o seu apoio ao Baxi Ferrol no momento no que o equipo feminino …