Cabanas abre a inscrición no programa de conciliación “Mencer na Escola”

O Concello de Cabanas, en colaboración coa ANPA “O Castiñeiro” e o CEIP Eladia Mariño, levará a cabo o programa “Mencer na Escola” como medida de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. O alcalde, Germán Castrillón, sinala que se trata dunha iniciativa orientada prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social destinados a este fin.

“Mencer na Escola” é un programa dirixido ó alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Eladia Mariño, e desenvolverase todas as mañás lectivas do curso escolar desde as 7,30 ata as 9,30 horas. Realizaranse actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, e se proporcionarán almorzos saudables para aqueles e aquelas que o soliciten.

O programa iniciarase este luns, 11 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, e todas as persoas interesadas en inscribirse deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello a partir de mañá, 6 de setembro. Para calquera dúbida ou aclaración teñen á súa disposición os teléfonos 636 141 474 e 981 49 59 59 (ext. 6). A ficha de inscrición está dispoñible na web municipal www.cabanas.gal.

Tarifas e bonificacións

Neste curso, o Concello mantén as tarifas aprobadas o pasado ano, polas que acordaba unha rebaixa das cotas a abonar. En concreto, o servizo de 4 ou 5 días á semana con almorzo pasaba dos 38 euros que se pagaba no pasado curso ós 30 euros que se abonan agora, namentras que o servizo sen almorzo pasaba dos 30 euros ós 21. Así mesmo, dende o Concello lémbrase que tamén hai a posibilidade de solicitar o programa tres, dous ou un día e pagar por el 15 euros con almorzo e 10 sen el. E, por último, a opción de adherirse días puntuais –cuxo prezo é de 3 euros con almorzo e 2,5 sen el-.

Non só iso, o Concello tamén conta con bonificacións do 50% do custe do servizo para irmáns e descontos que, con previo informe do departamento municipal de Servizos Sociais, poden alcanzar o 100%.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …