O Concello de Cabanas propón á cidadanía cubrir o Camiño Inglés en seis etapas

Cartel do evento – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas convida á cidadanía a gañar a Compostela realizando o Camiño Inglés en seis etapas. Unha ruta na que poden participar nenos e maiores, os primeiros acompañados dun adulto, e que ten ó municipio de Cabanas como punto de referencia para saídas e chegadas. Será precisamente dende a Oficina Municipal de Turismo cabanesa, na contorna do parque do Areal, dende onde os participantes serán trasladados en autocar ó punto de inicio das etapas e regresarán unha vez conclúan.

As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Cultura, ou descargar os impresos da web municipal www.cabanas.gal e remitilos ó correo cultura@cabanas.gal ou enviar unha captura coas imaxes destes ó mobil 674 258 812.

A primeira etapa celebrarase o sábado 23 de setembro, e cubrirá os 30 kms que separan Ferrol de Cabanas, cunha duración estimada de cinco horas; a segunda, o sábado 30 de setembro, realizaranse os 21 kms de Cabanas a Betanzos, cunha duración estimada de catro horas e 15 mins; a terceira, o sábado 7 de outubro, de Betanzos a San Paio, 18,1 kms e 4 horas; a cuarta o sábado 14, de San Paio a A Calle, 22 kms e 4 horas e 30 mins; a quinta o sábado 21, de A Calle a Polígono do Tambre, 24,2 kms e 4 h e 45 mins e, a sexta, o sábado 28, cubriranse os 5,3 kms para completar o Camiño a Compostela. En todos os casos, o punto de encontro será a Oficina de Turismo e, a hora, as 8 h. Así mesmo, ó inicio do Camiño facilitarase a credencial do Camiño de Santiago ós participantes para ir selándoa nos correspondentes puntos.
Saúdos

Lea también

Alumnado do IES de Cedeira deseña un vehículo de inercia

Quince rapaces do IES Punta Candieira van participar na XI edición do reto “Hiperbaric Challenge”, un …