A CIG-Navantia contra as declaracións do presidente do comité de empresa

Fot. arch.

Dende a sección sindical da CIG-INDUSTRIA de Navantia remitiuse un comunicado no que se sinala que » temos que mostrar o noso total desacordo coas lamentables declaracións do presidente do Comité de empresa de Navantia Ferrol aparecidas en diferentes medios de comunicación, relacionando a decisión tomada polos traballadores e traballadoras de Ferrol en Asemblea Xeral, que por abrumadora maioría acordou, manter as medidas de non colaboración que se estaban levando a cabo entre elas as que afectan a colocación do ultimo bloque do BAM, con a posibilidades de despidos na industria
auxiliar.

Esta medida, que se viña exercendo dende fai meses nunca foi relacionada coa carga de traballo na industria auxiliar, polo tanto non procede trasladar esta relación no momento no cal unha Asemblea Xeral se posiciona en contra das súas teses.

Mais ben é a cerrazón dos responsables da SEPI e de Navantia, que se negan a acatar unha sentenza do Tribunal Supremo, que eliminou o IV convenio colectivo, e que non aplican integramente o III Convenio (o que supón unha débeda con algún traballador ou traballadora superior os 5.000 €, pero que lle afecta a maioría da plantilla).

Polo lo tanto os verdadeiros culpables de toda esta situación son a Empresa e a SEPI que levan dous anos incumprindo cos traballadores e traballadoras, a eles e a quen tiña que sinalar e non ao resultado da Asemblea» remata o comunicado..

Lea también

Dos años de Navantia Seanergies: 10 contratos para elementos de eólica marina por 550M€

Navantia Seanergies, la división de energías verdes de Navantia, ha cumplido su segundo año habiendo …

2 comentarios

  1. Parece que a cig espabila. Totalmente de acordó o presidente do comité xa non o siguen nin 20 traballadores e encima quere meter medo a decisión dos traballadores. Se tiveramos vergoña se ia para a casa. Espero que a cig siga neste camiño desmarcado se de ese comité que non sigue naide

  2. Sigo esperando que alguien explique por qué un trabajador puede negarse a cumplir con aquello para lo que le pagan sin declararse en huelga. Y si tiene algo que ver con que la empresa sea pública.