Oitavo posto para Melina Alonso no campionato de España de tríatlon olímpico

Melina Alonso – Triatlón Ferrol

Melina Alonso liderou a representación do Triatlón Ferrol no campionato de España de tríatlon olímpico cunha oitava praza.

Sen atopar demasiada colaboración ou entendemento no sector ciclista, formáronse escapadas que impedían aspirar á loita polas medallas. Baixándose a correr practicamente xuntas tanto Melina Alonso como Ana Carvajal, a ferrolá mantivo un ritmo que lle permitiu firmar un top-10, mentres que a junior Carvajal mellorou o seu resultado de 2016 sendo 15°.

Pola súa banda, Marcos Ruiz estreouse pensando entrar no top-50 dos mellores de España e finalmente, aínda perdendo posicións no sector ciclista para evitar sumarse ás numerosas caídas da proba, cruzou a meta no 36° lugar, baixando das dúas horas de competición.

Lea también

El Café Candelas O Parrulo “B” suma un punto ante el Ribeira FS

Igualdad e intensidad del primer al último segundo y al final reparto de puntos entre …