50 rapaces desfrutaron do Campus de Baloncesto As Pontes

O Uni Ferrol e os participantes no campus – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Esta semana, dende o luns e ata o venres, levouse a cabo no Pavillón da Fraga, o Campus de Baloncesto As Pontes.

Participaron preto dus 50 rapaces de entre 5 e 14 anos, que, ademais de introducirse un pouco máis no mundo do baloncesto, practicaron outros deportes e iniciaronse en deportes alternativos, fixeron excursións culturais, e recibiron a visita de xogadores, adestradores e árbitros.

No derradeiro día do evento, tiveron o luxo de poder compartir uns minutos coas xogadoras do Universitario de Ferrol coas que puideron charlar, da man do seu adestrador Lino López, e despois xogar e xantar con elas.

O equipo ferrolán fixo o ano pasado unha gran campaña, alcanzando ás semifinais da Liga Feminina, nas que perdeu co posterior campión, o Perfumerías Avenida de Salamanca, contando con xogadoras como Bea Sánchez, Campiona de Europa na República Checa coa Selección Española absoluta ao bater na final a Francia 71-55, ou a viguesa María Pérez Araujo, Campiona Europea sub20 en Portugal ó gañar na final 73-63 a Eslovenia, torneo no que ademáis acadou o MVP.

Lea también

Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de …