A Escola Javi Gómez Noya abre as súas portas

Infantiles do Triatlón Ferrol – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya dalle a oportunidade de poder asistir aos seus adestramentos a todas aquelas familias interesadas en que os seus fillos practiquen a disciplina do mellor deportista da historia de Ferrol.

Calquera interesado en apuntarse, pode presenciar os exercicios de carreira a pé que cada mércores dan comezo ás 19:00 horas nas pistas de A Malata ou as prácticas de ciclismo que a base do Triatlón Ferrol celebra os sábados desde as 11:00 horas nos arredores do aparcadoiro de Doniños.

Comeza o curso mentres Javi Gómez Noya remata a súa temporada e, en canto o seu calendario llo permita, a escola bautizada co seu nome agarda contar co pentacampión mundial en Ferrol.

Lea también

Fenomenal debut del Club Rugby Ferrol en su vuelta a la liga gallega

No pudo tener mejor comienzo el Club Rugby Ferrol en su vuelta a la liga …