Valdoviño abre o prazo de preinscrición na programación municipal de actividades deportivas para o curso 2017/2018

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abrirá mañá xoves, 14 de setembro, o prazo de preinscrición na programación municipal de actividades deportivas para o curso 2017-2018. Unha completa oferta para todas as idades que, segundo indica o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, continúa profundizando na liña de descentralización cara as parroquias. Ximnasia, bádminton, tenis, tiro con arco, ioga e multideporte integran a programación, que se desenvolverá en diferentes escenarios a partir do mes de outubro, de cubrir un mínimo por actividade.

A preinscrición pode formalizarse no departamento municipal de Deportes ata o día 21, en horario de 9,30 a 13,30 ou chamando ó teléfono 626 46 55 31. É preciso acompañar a instancia de fotocopia do DNI e os prezos para as actividades de dúas horas semanais son de 7,37 euros ó mes para menores de 18 e de 8,86 para maiores desa idade, namentras que a cota para as de tres horas á semana é de 11,06 euros para menores de 18 e de 12,54 para maiores de 18.

Así, Sergio Saavedra sinala que o Concello volve a apostar por segundo ano consecutivo pola ximnasia nas parroquias, achegando a actividade municipal a todo o municipio. En Meirás (pavillón do Longoiro) celebraranse sesión os luns, mércores e venres de 10,30 a 11,30 h; en Valdoviño (auditorio) os martes e xoves de 10 a 11 h; en Vilaboa (antiga unitaria) os martes e xoves de 11,15 a 12,15 h e, en Vilarrube (tamén antiga unitaria) os luns e xoves de 19 a 20 e os martes, xoves e venres de 20 a 21 h. As clases de ximnasia incluirán diferentes modalidades de fitness como pilates, running, aeróbic, step, zumba, chan pélvico…

Doutra banda, as clases de bádminton celebraranse no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, os martes e xoves de 18 a 19 horas. As mesmas instalación acollerán os cursos de tenis. Haberá tres grupos: para nenos e nenas os martes de 19 a 20 horas e os venres de 18,30 a 19,30 h; iniciación os martes de 20 a 21,30 h e os xoves de 20,30 a 22 h, e avanzado os xoves de 19 a 20,30 e os venres de 19,30 a 21 horas.

A programación tamén inclúe clases de tiro con arco, impartidas polo Club Arco A Frouxeira e para nenos e nenas a partir de 8 anos e persoas adultas. Celebraranse no pavillón do Longoiro os luns e mércores de 18 a 20 horas.

E, pechando a programación, multideporte. Unha actividade que se incorpora este ano á oferta municipal pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa. Terá lugar tamén no pavillón do Longoiro os luns e os mércores de 17 a 18 horas.

Ioga

Así mesmo, o Concello mantén aberto o prazo de inscrición nas clases de ioga, que comezaban este mesmo mes no auditorio da Casa da Cultura. Aínda que están cubertas todas as prazas para os dous turnos –luns e mércores en horario de mañá (de 10 a 11,30 h) e de tarde (de 20 a 21,30 h)-, a Concellería de Deportes segue a recepcionar novas solicitudes por se xurden baixas.

Lea también

El Tri Náutico Narón afronta las jornadas finales de la Liga Nacional de Clubs y la Liga Talento

El Tri Náutico Narón se desplaza a Soria para afrontar las jornadas finales de la Liga …