EU Narón aposta pola Municipalización do servizo do lixo

Recollida de lixo – EU Narón

André Abeledo preguntará ao equipo de Goberno de Narón sobre a situación da recollida de lixo, unha vez o contrato de concesión xa rematou e neste ano ten que tomarse unha decisión.

Abeledo indicou que “aínda non sabemos nada cando é algo no que xa tiñan que ter dado os pasos necesarios”, “preocúpanos que poda pretenderse tomar unha decisión sen o debate necesario sobre un tema tan importante para a veciñanza”.

Dende EU Narón entenden que”o camiño é a municipalización do servizo de recollida de lixo, un camiño có que o equipo de Goberno entendemos que ten un compromiso“.

EU Narón recorda a proposta do alcalde José Manuel Blanco de mancomunar o servizo de recollida de lixo con Ferrol e Neda, no seu momento dende EU Narón entenderon que este podía ser un primeiro paso cara a municipalización dos servizos básicos en Narón e comarca, “mellorando así a súa calidade, abaratando o seu prezo, e mellorando as condicións de traballo dos seus empregados“.

EU Narón sempre defendeu a mancomunidade para mellorar a xestión e a calidade dos servizos, uns servizos que entenden deben ser 100% públicos.

Así mesmo, Abeledo transmitirá o equipo de Goberno a necesidade de solicitar a realización dun estudio por parte dos servizos técnicos municipais sobre a viabilidade da xestión directa (remunicipalizacion) do servizo público de recollida do lixo actualmente privatizado a hora de tomar unha decisión, e de un debate onde poda participar a oposición para poder argumentar a distintas posturas.

Lea también

Los trabajadores de Mugardos continúan con sus protestas ante la postura del gobierno local

Los trabajadores del concello de Mugardos continúan en su lucha por la defensa de sus …