Cabanas renova a súa aposta polo programa municipal Club+60: Encontro de Maiores

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas volve a apostar polos programas de envellecemento activo para o colectivo da Terceira Idade e, esta mañá, o alcalde, Germán Castrillón, anunciaba que a Concellería de Servizos Sociais abría o prazo de inscrición nunha nova edición do proxecto “Club +60: Encontro de Maiores”.

Unha iniciativa completamente gratuíta que o Concello poñía a andar o pasado ano con moi boa aceptación por parte dos veciños e veciñas. Con ela, o Concello busca ofrecer unha alternativa de ocio ás persoas maiores, que saian da casa e compartan o seu tempo con outros veciños. Deste xeito, facilítase un envellecemento activo e combátese a soídade, un problema que soe acompañar a este colectivo, especialmente na zona rural.

Así, as persoas interesadas en participar deben anotarse na Concellería de Servizos Sociais –ben na casa consistorial ben chamando ó teléfono 981 49 59 59 extensión 6-. As sesións arrancarán no mes de outubro e celebraranse no local social da SCRD San Mamede de Laraxe, de 17 a 18,30 horas.

Dende ese momento, todos os venres pola tarde, os maiores poderán compartir experiencias e recuperar costumes e tradicións; compartir tempo con xogos de mesa; exercitar a mente con actividades de estimulación cognitiva, e mesmo realizar algunha excursión.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …