O alcalde de Narón lamenta que o portavoz municipal do PP non diferencie unha modificación do orzamento do uso dos remanentes

Fot. Galicia Ártabra

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz do grupo municipal do PP, nas que se critica unha inexistente corrección dos orzamentos do Concello. “É lamentable que un grupo que aspira a formar parte do goberno na cidade non saiba diferenciar entre modificar o orzamento actual e o uso dos remanentes do ano pasado”, asegurou Blanco.

O rexedor local indiciu en que o grupo de goberno presentou na mañá deste mércores  unha modificación de crédito por importe de 3,4 millóns de euros, “pero o orzamento municipal non se toca”. O rexedor local explicoulle ao edil popular que “o que se fai é empregar os remanentes do ano pasado e neste caso non se destina ningunha partida gasto social porque esa área está totalmente cuberta no orzamento, debido a que para o equipo de goberno de Narón esa foi, é e será unha das prioridades á hora de deseñar cada ano o documento contable”.

Así mesmo, e en canto aos investimentos, Blanco indicou que “as obras que se executarán con cargo a este modificado de crédito son actuacións que non eran urxentes e podían esperar un tempo, polo que se priorizaron no seu día as incluídas no orzamento e agora realizaranse as contempladas no modificado de crédito, tamén moi importantes e necesarias pero de menor urxencia”.

Finalmente o alcalde anuncioulle ao portavoz do grupo municipal do PP de Narón que “aínda queda pendiente un superávit que, debido ás políticas impulsadas desde o Partido Popular non se puido utilizar, ao non estar permitido”

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

5 comentarios

  1. Lo que es una pena es que haya un alcalde que diga que una modificación de créditos no modifica un presupuesto…. menos mal que se va.

  2. Vaya barbaridad…

  3. En naron nos creemos esto y mucho más , aún me acuerdo cuando una Navidad dijo todo orgulloso que montarían una carpa de 4000 metros en la plaza Galicia , y la superficie de la plaza no llega ni a 3000 metros y la carpa no llegaba ni a la mitad , pero claro nadie denuncio que el alcalde fuera de sobrado o la empresa de la carpa nos cobro los 4000 metros , estás anécdotas son muy tipo de naron ,para el Sr blanco 1+1 son 3 ,, Jajajaja

  4. Este Sr debe de pensar que somos tontos , que lo tuviéramos de alcalde no significa nada , era el menos malo . Si ponemos todas las sobradas de este Sr no los llega un año para escribir. Una buena buena fue cuando anunciaron y anuncian que somos 40000 entregando regalo al recién nacido con foto y toda la publicidad posible . Y nunca fue reconocido por el INE y ningún organismo

  5. Narón es la envidia de la comarca, puede modificar el presupuesto sin modificar el presupuesto.