O BNG anuncia a desaparición de máis de 500 postos de traballo en Navantia Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera preciso reaxir diante da pretensións da empresa Navantia de desenvolver un Plan Industrial que xa nin agocha un proceso de reestruturación que leva aparellado a desaparción de máis de 500 postos de traballo, que continúa a propor un deseño para os estaleiros da ría circunscrito exclusivamente à construcción naval militar, desbotando o nicho de traballo da construcción naval civil, e a suposta modernización dun estaleiro sen financiamento e en base a uns programas de construcción naval, o das Fragatas F-110, que a día de hoxe son unha incognita.

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, alertou do silencio que tanto o goberno local como o resto de organizacións estatais están a manter sobre esta cuestión e retou ao Alcalde desta cidade a rachar co silencio respecto ao que está a acontecer. Semella que Jorge Suárez está servindo de parapeto para que desde o Estado se desenvolvan os seus obxectivos de liquidación do sector naval na ría de Ferrol.

O BNG considera que é preciso obrigar a que o Estado mude o deseño que ten establecido para os estaleiros da ría de Ferrol precisamos un deseño para os estaleiros da ría que asuma a necesidade de constituir un complexo industrial do sector naval na ría de Ferrol que poida actuar en todos os ambitos do sector naval, que non se amortice ningún posto de traballo e que se rexuvenezcan as plantillas para paliar a destrucción de postos de traballo como consecuencia do desmantelamento da industria auxiliar da comarca.

Lea también

NAVANTIA SEANERGIES lanza el centro de excelencia CoEx Green Energies, con el diseño de un prototipo de subestación marina flotante cero emisiones

El estand de Navantia Seanergies en WindEurope 2024 ha sido el escenario del lanzamiento de …