As Xornadas Divulgativas sobre Alzheimer chegan este martes a Pontedeume

Cuestación de AFAL – AFAL

As Xornadas Divulgativas sobre Alzheimer organizadas por AFAL nos concellos para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer continuarán mañá martes, 19 de setembro, en Pontedeume. Nesta ocasión, o equipo da asociación instalará as súas mesas informativas nos exteriores da Casa da Cultura e, a partir das 19 horas, atenderá as consultas de veciños e veciñas sobre a enfermidade. Así mesmo, instalará unha serie de paneis onde poderán coñecer, a través das súas imaxes, diferentes terapias que se levan a cabo tanto nos centros de día terapéuticos como nos obradoiros de estimulación cognitiva para persoas afectadas en Pontedeume.

Xa ás 20 horas, a asociación ofrecerá unha charla informativa na sala 3 da Casa da Cultura, onde abordará máis pormenorizadamente diferentes aspectos da doenza, como os síntomas e evolución. Charla con entrada de balde.
As xornadas divulgativas continuarán a próxima semana nos concellos de Ares e de Narón.

Centros Hospitalarios

No marco dos actos do Día Mundial do Alzheimer, equipo e voluntarios de AFAL levaron esta mañá as súas mesas informativas ó Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide e Hospital Naval. Unha iniciativa para achegar a enfermidade á sociedade.

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …