O alcalde presentou no Rexistro municipal o documento de renuncia ao seu cargo

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou na mañá deste martes no Rexistro municipal do Concello o escrito de renuncia á súa condición de rexedor. O secretario xeral do Consistorio, Alfonso de Prado, foi o encargado de recepcionar o documento, estando tamén presentes nese momento a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e o secretario xeral de TEGA e tamén concelleiro naronés Guillermo Sánchez Fojo, entre outros edís.

A renuncia de Blanco ao cargo oficializarase no pleno municipal que se celebrará o vindeiro sábado, día 23, ás 12.00 horas no Concello. O alcalde porá fin a trinta e catro anos de traballo no Concello de Narón, donde os oito últimos exerceu como rexedor local e anteriormente presidiu varias concellerías.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …

2 comentarios

  1. Yo cuando voy al registro no me encuentro al secretario municipal a mi disposición. Por lo que veo, para paripés sí que hay tiempo en este Concello.

  2. Cuanto lo vamos a echar de menos cuando veamos como gestionan los sucesores