Acordo unánime da xunta de voceiros para adicarlle un espazo a Antón Varela

A Xunta de Voceiros celebrada este mércores 20, as 13:00 horas en alcaldía, acordou por unanimidade o inicio do expediente administrativo para a denominación dun espazo público como Parque do Gaiteiro Antón Varela.

Antón Varela Cachaza (1956-2017) faleceu en Ferrol o pasado 25 de xullo. Mestre laureado en multitude de certames, compositor e luthier recoñecido en todo o mundo. Forma parte do elenco de figuras de referencia na nosa cultural tradicional que fixeron da música da gaita a sinal de identidade de Galicia. Formou parte de agrupacións míticas e históricas como rapargiso, Cempés, Follas Novas, Berros do Castro.

O expediente será tramitado desde a área de Alcaldía. Asemade, e por acordo da Comisión de Cultura celebrada no 25 de agosto, ditaminou favorablemente a petición das entidades veciñais e asociativas -AVV de Canido e Caranza, Muíño do Vento e Esmelle, paraa daicarlle na cidade un espazo co seu nome como homenaxe a súa traxectoria.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …