Chega Festea, o 2º ciclo de teatro de obxecto e monicreques

Instante da presentación de Festea – Concello de Ferrol

Co outono chega FESTEA, A 2º edición do ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques que tivo unha excelente acollida na súa primeira edición. Tanto é así, que redobramos a aposta neste outono con novos espazós escénicos para dar cabida a demanda dun público familiar nun espectáculo que é completamente de balde e que chega con propostas para todas as fins de semana de outubro e novembro en tres escenarios: Teatro Jofre, Centro Cultural Torrente Ballester e Centro Cívico de Caranza.

Así o anunciaba este mediodía en rolda de prensa o concelleiro de Cultura e Educación, Suso Basterrechea, presentaba hoxe a II edición dun ciclo que tivo unha excelente acollida no 2016 e que este ano redobra a aposta ampliando espazos e escenarios.

Queríamos darlle continuidade a unha actividade moi exitosa destinada a familias e crear novos públicos e agardo que este ciclo perviva no tempo porque creo que é un dos mais bonitos”, manifestou o concelleiro.

O concelleiro estivo acompañado de Plamen Dipchikov, alma mater de Festea, na presentación dun programa completísimo no que se contan 10 compañías, moitas delas premiadas e recoñecidas chegadas desde Portugal, Guinea Bissau, Valencia, Castela e León, ou Madrid. Entre as propostas que traen as compañías, tres dela son estreas, para todas as fins de semana de outubro e novembro. As funcións serán os sábados as 18:00 horas e os domingos as 12:00 horas, coa entrada de balde. Poderanse retirar na billeteira do Teatro Jofre no horario habitual.

Ao programa ao que hai engadir 11 funcións mais para escolares nos centros educativos do municipio que así do demanden. O deseño do cartel de 2º ciclo de Festea, é obra de Leandro Lamas.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …