Preto dun centenar de peregrinos iniciaron esta mañá o Camiño Inglés na ruta por etapas organizada por Cabanas

Participantes antes do inicio – Concello de Cabanas

Os 96 peregrinos xa que se sumaron á ruta por etapas a Compostela seguindo o Camiño Inglés que promove o Concello de Cabanas cubriron hoxe a súa primeira etapa. Un autocar esperábaos ás 8 da mañá na Oficina Municipal de Turismo de Cabanas para trasladalos ó punto de inicio do Camiño Inglés: o peirao de Curuxeiras.

Con moitas ganas e vontade comezaron a andada dispostos a percorrer os 30 quilómetros que os separaban da súa meta: Cabanas. O alcalde, Germán Castrillón, que participou na peregrinaxe, destacaba a aposta do Concello, a través das Concellerías de Turismo e de Deportes, pola promoción do Camiño. Tamén a positiva resposta veciñal, tanto de Cabanas como doutras localidades da contorna.

A segunda etapa celebrarase o próximo sábado, 30 de setembro. Partirá de Cabanas e terá como destino Betanzos. Os sábados 7, 14, 21 e 28 de outubro desenvolveranse as catro restantes con Compostela como destino.

Os traslados dende a Oficina de Turismo de Cabanas ó punto de inicio de cada etapa e o regreso ó municipio ó rematar cada treito realizaranse en autocar, servizos que costea o Concello.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …