Dezaoito de hostaleiros de Narón participarán nas Xornadas sobre a anguía organizadas polo Concello

Un total de dezaoito representantes do sector hostaleiro de Narón participarán nunhas Xornadas sobre a anguía organizadas pola Concellería de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico. O edil responsable da área, Pablo Villamar, visitará esta tarde aos nove asistentes do primeiro grupo –os outros nove participarán mañá nas sesións, programadas á mesma hora- ao inicio da convocatoria, que se desenvolverá nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Villamar agradeceu unha vez máis a implicación do sector hostaleiro da cidade, ao que se dirixe esta convocatoria, na que o chef Roberto Filgueira, do restaurante O Balado (Boqueixón) se encargará de explicarlles algunhas das posibilidades culinarias da anguía.

O concelleiro naronés recordou ademais que o vindeiro mes de outubro, na semana do 9 ao 15, varios establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar anguía entre a oferta do seu menú diario.

Desde o Concello de Narón contamos cunha subvención de 42.955 euros do Grupo de Acción Local Pesqueira que se destinará a diferentes colaboracións co sector hostaleiro para promocionar o consumo de anguía, un peixe que se captura desde hai moitos anos na nosa ría e, ao tempo, para impulsar ao sector pesqueiro”, recordou Villamar. O edil de Promoción Económica comprometeu tamén o apoio económico do Concello de Narón nesta e noutras iniciativas encamiñadas a colaborar con estes e outros sectores na cidade.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la parroquia de Loira

Los encuentros vecinales en las parroquias se trasladan esta semana en Loira. El alcalde de …

3 comentarios

  1. No hay un solo restaurante, ya no solo en Narón, sino en toda la comarca, en donde se sirva anguila. Pero si Villamar dice que es típico de Narón lo será.

  2. lo del concello de naron es un autentico espectaculo , dice el sr villamar na nosa ria de naron , sr villamar se llama ria de ferrol por si no lo sabe y, la anguila ya no se pesca y mucho menos se ofrece en los restaurantes de la comarca . algun dia diran que nosotros hicimos las piramides o fuimos los primeros en poner los pies en la luna , que concello mas egocentrico¡¡¡¡¡

  3. Voy a definir el plan de Villamar: ¡Bluf!