O número de usuarios do transporte público incrementouse nun 33% no Día sen Coches

(Foto: Galicia Ártabra).

O número de usuarios do transporte público, concretamente nas liñas urbanas concesionadas a Tranvías Ferrol, incrementouse un 33% no Día Sen Coches celebrado este pasado venres 22 co billete gratuíto en todas os servizos, dacordo as estimacións feitas pola empresa concesionaria e trasaladadas hoxe a concellería de Urbanismo e Mobilidade.

A xornada de bus gratuíto no venres 22, coincidindo co Día Mundial sen Coches, foi unha medida implementada desde o Concello de Ferrol co ánimo de animar aos veciños a aparcar o coche particular e optar polo colectivo nos desprazamentos nun exercizo de concienciación para unha cidade sostoble co protagonismo nos peóns.

A intención do Executivo local sempre foi a de facer unha semana de bus completamente de balde tamén nas líñas do rural, pero a escasa sensibilidade da DX de Mobilidade e distintas trabas administrativas o obstaculizaron nesta ocasión co ánimo de mellorar no 2018.

O Goberno local, tras da XGL celebrada na mañá deste luns, ven de facer un balance moi positivo da fin de semana peonil, do 22 ao 24 de setembro, tomando nota das achegas críticas e agradecendo a boa resposta, recollida e participación que tiveron todas as actividades propostas polo Concello para dinamizar as rúas dándolle o protagonismo as persoas por riba dos vehículos.

O informe da Policía Local, que avalía o dispositivo da fin de semana, destaca que o tráfico rodado foi fluído no perímetro da Magdalena peonil (rúas Lugo, Arce, Igrexa e Sol), e únicamente se detectou un punto de sobrecarga puntual o venres na saída dos colexios Tirso e Cristo Rey.

O resto do día transcorreu con total normalidade e o resto da fin de semana, sen incidencias destacables polo que a conclusión é positiva”, apunta o informe, no que tamén se da conta da participación activa dos axentes na posta en marcha de actividades de Educación Viaria “con resultados satisfactorios”.

Desde o Concello de Ferrol hoxe queren agradecer a colaboración dos hostaleiros, «que fixeron un esforzo por propoñer unha actividade musical e gastronómica para atraer a xente nas rúas María, Carmo e Pardo Baixo, así como as asociacións ACSM e Diversidade Funcional, por sumarse a nosa Marcha sobre Rodas, na tarde do sábado«, cunha participación estimada en 200 persoas.

Fan extensivo este agradecemento aos centros educativos públicos e concertados, «que acolleron positivamente o proxecto dos camiños escolares seguros, que se inicia co certame de debuxo«, a BE ONE A Malata, «polas actividades deportivas na rúa«, e tamén aos clubes Val de Esmelle de BTT e Club Ciclista de Ferrol, «pola súa boa disposición a colaborar co Concello na Marcha ciclista polo Camiño Inglés, que reunía a mais de 60 persoas a pesar da intensa choiva«.

Tamén, como non a Isabel e Xulio, os guias dos roteiros de Ferrol Modernista e Ferrol en Femenino, «que foron unha oportunidade de darse un paseo con historia pola nosa cidade, con moi boa acollida» – unha media de 18 a 30 persoas agás na mañá do domingo 24, cun grupo mais reducido- e sobre todo aos veciños e veciñas, comerciantes e residentes das rúas que quedaron dentro do perímetro da Magdalena Peonil, «pola súa paciencia, comprensión, por facer o esforzo camiñar e de buscar vías alternativas para ir dando pasos cara unha cidade mellor, de vida para as persoas«.

Para o Concello de Ferrol este Día sen Coches «foi un pequeno e primeiro paso para unha cidade que, necesariamente antes ou despois, terá que camiñar nesa dirección, cara un modelo de cidade mais sostible e dinámica coa vontade que sexa un proceso no que se impliquen todos os axentes para ir perfilando as posible eivas e que redundará no beneficio común«.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …