Cabanas cede á asociación Poceira Sport un espazo municipal na antiga unitaria de Irís

Instante da firma – Concello de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, e o presidente da ADC Poceira Sport, José Luis Maroño, veñen de asinar un convenio de colaboración polo cal o Concello cede á entidade cultural e deportiva o uso da primeira pranta da antiga escola unitaria de Irís –antigas dependencias da mestra-. Deste xeito, palía unha carencia e facilita á asociación o desenvolvemento das súas actividades.

En contrapartida, a entidade participará nos gastos que correspondan referidos a servizos como auga, electricidade, calefacción… e comprométese a asumir as tarefas de desbroce e mantemento dos terreos nos que se ubica a antiga unitaria. Así mesmo, e no marco das actividades de promoción cultural e deportiva que leve a cabo o Concello, Poceira Sport colaborará de forma gratuíta na medida das súas posibilidades.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la casa de la cultura

Los Encuentros Vecinales en las Parroquias continúan esta semana en Valdoviño. Este jueves 25 de …