O bo e mal camiño das salas de exposicións de Ferrol

Juan J. Burgoa-TIRANDO A DAR

Nestes días, nunha sala da Fundación Exponav, entidade ferrolá ao parecer destinada a difundila historia da construción naval, ten lugar unha irregular exposición multidisciplinar titulada “Bo camiño, buen camino, …………”, na que se da a coñecer unha pretendida visión do Camiño Inglés. Na exposición pódense ver, entre outras, obras pictóricas de coñecidos artistas ferroláns como Adriano Paz, Carmen Soto, Carlos Barcón, Juan Galdo e Rafael Romero.

Seguindo a censurable moda actual dos poderes públicos de privatizar a cultura baseándose en encarguiños aos seus amigos, trátase dunha exposición “externalizada”, como se din agora por non dicir privatizada. A exposición está organizada por unha empresa privada, Sumarte chámanlle, e por unha comisaria, ámbalas dúas totalmente alleas a nosa cidade. Desde logo, non estamos no bo camiño.

As salas de exposición de Ferrol

O ano 2005 a adquisición e obra de reforma do edificio neoclásico que hoxe ocupa a Obra Social de ABanca na praza da Constitución, permitiu contar na cidade cun amplo edificio de sete plantas dotado dun salón de actos e varias salas para acoller exposicións, cursos, conferencias e diferentes actividades culturais e sociais.

Tras un prometedor comezo coa celebración de actividades culturais de certo interese para Ferrol, neste intre a xestión da Fundación de ABanca é un exemplo totalmente negativo para a nosa cidade no plano cultural, significando un completo descrédito da devandita entidade.

No que atinxe aos edificios culturais do Concello, o Centro Cultural Torrente Ballester non é quen de seguir a boa práctica de dedicar unha sala de xeito continuado aos traballos dos pintores e artistas locais. A antiga sala de autopsias, hoxe Sala de Proxectos, convertida nun atractivo espazo abovedado dese Centro, semella o axeitado lugar onde os pintores ferroláns puideran expor de forma periódica a súa obra.

Desaparecida a Galería Sargadelos, a única entidade que nos derradeiros tempos amosaba certo interese pola cultura local, e sendo practicamente nula a actividade actual neste aspecto do Ateneo Ferrolán, o Real Coro Toxos e Froles, a Autoridade Portuaria e o Casino Ferrolano, ademais das carencias das entidades sen teito (“sin techo”) como o Club de Prensa e a S.A.F., os pintores e artistas ferroláns non son quen de atopar un acubillo para presentalos seus traballos. Vai a ter razón a coñerada de dedicarse a pintar Meninas nas paredes do barrio alto.

Xa que logo estamos no mal camiño.

A tradición pictórica ferrolá

Ferrol posúe unha tradición pictórica derivada do alto nivel dos pintores que traballaron no Arsenal militar, incluíndo os profesores de debuxo da Escola de Guardiamarinas. Esta tradición foi impulsada logo pola Escola de Artes e Oficios ferrolá, primeira deste xénero en Galicia. Deste xeito xerouse en Ferrol un abondoso grupo de pintores de grande entrega vocacional, dotados dunha boa técnica e un particular colorido nos seus cadros.

Como consecuencia diso temos na nosa cidade varias activas asociacións de pintores como a Sociedad Artística Ferrolana e o Liceo Europeo das Artes, mesmo Narón Amigos del Arte, ademais de estudos de pintores e artistas que non están asociados, pero iso si, pelexados todos contra todos.

Un exposición de verdade sobre o Camiño Inglés

Se de verdade o Concello de Ferrol estivera interesado na promoción do Camiño Inglés, podería organizar unha exposición sobre Ferrol e o Camiño Inglés. Como disto non sabe ou non se ocupa quen debería facelo, as devanditas asociación de pintores de Ferrol e os artistas da cidade poderían unirse por unha vez e organizar esta exposición no lugar axeitado.

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

Un comentario

  1. Un buen comenario de mi amigo Juan J. Burgoa sobre la sala de arte en la Fundacion Exponav y es pura realidad