EU lamenta o falecemento de Carlos Varela, activista en prol dos afectados por VIH

Esquerda Unida Ferrol lamenta o falecemento de Carlos Varela, activista en prol da normalización das persoas afectadas por VIH.

Carlos Varela, activista da nosa comarca, realizou unha importante labor de concienciación en torno á discriminación que padecen as persoas afectadas por VIH a través de diferentes ámbitos: co Comité Lazos Antisida, a través do programa emitido en Radio Filispim durante varias tempadas“En Positivo” e a través de multitude de accións socias nas que participou.

Durante anos, Carlos Varela, foi un referente social na nosa cidade, non soamente co relacionado co VIH, tamén cun traballo de fondo en torno aos dereitos das persoas inmigrantes indocumentadas.

Carlos Varela era unha persoa comprometida sociopolíticamente e integrou as listas electorais de Esquerda Unida Ferrol no ano 2011.

Desde Esquerda Unida querese poñer en valor a súa figura neste momento tan difícil para familia e achegado

Lea también

Todo en marcha para la celebración los días 3 y 4 de mayo de la Fashion Night en A Magdalena

Todo está en marcha para la celebración de la Fashion Night de A Magdalena que …