Sobre feiras e mercados medievais: o caso de Ferrol

A. C. Ferrolterra Antiga

Entrados xa no outuno é bo momento para facer unha valoración dos eventos cós que se amenizou a culminada tempada estival. Son moitas as actividades que poidéramos traer a análise, polo que hoxe cinguirémonos especificamente ao evento da feira medieval en Ferrol.Se ben, o tema non é novo, é máis, cada estación volta a rexurdir, non quería deixar de aportar a miña perspectiva, da que espero que poida ser dalgunha utilidade.

Como ben sabemos, as feiras medievais téñense espallado e multiplicado nestas últimas décadas pola nosa comarca, pero tamén por toda Galicia. Como en todo, tendo algunhas delas máis éxito que outras. Esta dispar fortuna deberase a múltiples factores que hai en xogo. Así pois, o éxito sostido dos mercados medievais de Betanzos, Pontevedra ou Coruña podese interpretar, a falta dun estudo máis profundo, en base a factores de organización, medios/recursos ou contextualización. É de seguro o contexto suxerente e subxetivo de cara o visitante uns dos maiores valores da Feira medieval de Betanzos, o que lle asegura o cheo e o éxito ano tras ano. Se ben, a existencia dun legado medieval apreciable non ten funcionado como factor limitante.

Recreacións medievais

Así pois, lugares sen un pasado medieval relevante teñen sumado á moda das recreacións medievais, disto non ten sido allea á nosa propia comarca. O panorama é, pois, o da masificación, a proliferación duns eventos semellantes, por non dicir practicamente idénticos, nos meses de estío. As consecuencias disto son a incapacidade de atracción e o avance da banalización do que se pretende recrear ou conmemorar.

Por tanto, un formato xenérico para a celebración duns eventos repitidos e repetitivos non parece a mellor maneira de xerar a empatía e apego da cidadanía de cara á historia da nosa terra. Neste senso, estes eventos teñen máis de mercado que de medieval, sendo este último un accesorio completamente secundario. Un caso que merece unha mención especial é o da Festa da Istoria (Ribadavia), a cal vai mais aló de ser unha mera feira acadando unha entidade propia.

A perspectiva que presenta Ferrol

Pero cal é a perspectiva que presenta Ferrol? O certo é que, se ben desaparecido na súa maioría polo impacto que supuso a vila moderna, Ferrol conta cun pasado medieval significativo, enténdase isto no contexto dunha pequena vila costeira. É pois isto, unha base sobre a cal construír un evento con personalidade propia, na que a historia local sexa parte integrante na forma do evento, e non un mero adorno ou fetiche.

Neste senso, dende a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga preocupámonos da dignificación dese pasado medieval esquecido, foi pois, o noso primeiro acto a organización dunha conferencia referente ao «Ferrol Medieval» có investigador Fernando Dopico como poñente. Non foi esta a única acción da asociación no que respecta, neste mesmo ano fíxose un especial sobre a historia medieval da vila nas redes sociais, acompañado isto dunha serie de folletos informativos.

Botávamos en falta nesas datas unha mención ao primeiro documento que testemuña o topónimo de Ferrol e a advocación a San Xulián ( 1087) ou a Pedro Padrón e o movemento irmandiño. Esa historia ou historias que outorgaríanlle un carácter propio á Feira Medieval de Ferrol. Pois non consideramos que lecer e consumo teñan que enfrontarse coa dignificación e divulgación do pasado destas terras. Coidoamos que debería combinarse a actividade comercial con outro tipo actividades que fixeran máis atractivo o evento e as cales non teñen porque entrar en desputa coa presentación dun discurso histórico de certa calidade. Abrir a porta á identificación á cidadanía con estas celebracións, como algo de seu, e nas que as asociacións tamén puideran ter cabida.

Hai quenes din que sería mellor trocar a Feira Medieval por unha Feira da Ilustración, quizáis por ser este un período máis representativo da nosa cidade, se ben todo o cambio consiste en trocar o adxectivo de medieval por ilustrada non teremos avanzado nada.

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …