O BNG acusa ao PP de Narón de faltar á verdade coa taxa de saneamento

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar, recoméndalle ao voceiro do PP, Marcos López Balado, que faga un esforzo e lea as actas dos plenos, “pois é aí”, sinalou Villamar, “onde aparece literalmente todo o que dicimos, non o que recordamos ter dito”. Villamar invita a López Balado a que faga un exercicio de memoria e explique por que di agora que é abusiva a suba no recibo da auga cando en 2012, no momento de asinar o convenio para a construción dos interceptores da marxe dereita da ría, o portavoz do Partido Popular consideraba, en relación á oposición do BNG ao documento, que a suba para a veciñanza serían de “só” 16 euros anuais.

Antes parecíalles pouco; agora moitísimo”, dixo Villamar, quen lembrou que o BNG votou en contra de ámbolos dous convenios (o do financiamento da construción dos interceptores e o das encomendas de xestión) por consideralos abusivos e inxustos con Narón, cousa que non fixo o Partido Popular. O BNG tampouco votou a favor da taxa de saneamento, como asegura o portavoz do PP. “Falta á verdade sen ningún tipo de rubor”, sinalou Villamar.

«A posición do BNG é a mesma que mantivo desde o comezo do proceso: en contra de que sexan os veciños e veciñas de Narón as que paguen a través de impostos a obra dos interceptores e en contra de que sexa Emafesa a que xestione a EDAR de Cabo Prioriño. Para o Bloque, o ideal é que sexa Augas de Galiza a que, como fai con outras trinta infraestruturas en todo o país, sexa quen xestione a depuradora e que ese servizo se lle cobre á veciñanza a través do coeficiente de vertedura e non a través dunha taxa» sinala o voceiro dop BNG.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …

2 comentarios

  1. Este Pablo Villamar es el que en un pleno y escrito en el acta dijo «hay que suprimir las Diputaciones que no sirven para nada» y luego fue Vicepresidente de la Diputación con 60.000€ de sueldo, coche y chofer.

    Menos mal que se retira escómplice de las políticas de TEGA

  2. El caso es que este hombre votó en contra de hacer la obra (tela….) y luego es que pone las ordenanzas fiscales con los precios (incluido el del agua). ¿Y que le tiene que decir a los demás? ¡Coherencia en estado puro!