O Caamouco Rock reforza o seu cartel coa presenza de tres bandas

Actuación do Caamouco Rock 2016 – Agrupación Instructiva Caamouco

Nova edición do Caamouco Rock. No festival, unha cita clave do panorama musical do outono, participarán este anos tres bandas. Nesta ocasión, a organización decidiu ampliar as súas fronteiras máis alá da comarca, convidando á banda coruñesa Morgen ao escenario do centro social da Tenencia. A velada musical complétase coas actuacións dos ferroláns Nordés e do grupo Sandford Music Factory, procedentes de San Sadurniño, cuxa actuación tivera que suspenderse na pasada edición por unha indisposición dun dos membros.

Esta nova cita co mellor rock da zona está programada para o vindeiro sábado 28 de outubro a partir das 22:00 horas. A entrada é libre e de balde.

O Caamouco Rock está organziado pola Agrupación Instrutiva e, nesta edición, conta coa colaboración da Cafetería do Club de Tenis de Redes.

As bandas convidadas

A noite arrancará ao ritmo das versións en acústico de Fer e Chente, ou o que é o mesmo, Nordés. Os ferroláns encargaranse de ofrecer ao público un amplo repertorio dalgunhas das máis míticas cancións da historia do pop e do rock internacional de todos os tempos.

O escenario, a continuación, será para os de Morgen, unha banda coruñesa que visita Caamouco por vez primeira para presentar o seu LP Restart, un proxecto que eles mesmos definen cun estilo «punk rock galiforniano», cunha potente e melódica combinación que parte das influencias norteamericanas no seu son e composicións.

Encargarase de pechar a velada o grupo Sandford Music Factory, unha banda con tres discos publicados e que leva no sangue o seu xeito de entender a música. O cuarteto bebe do rock clásico, inspirándose en The Who ou Led Zeppelin, pero tamén do grunge, con Pearl Jam e Alice In Chains como referentes.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …