O Concello de Narón licita o contrato para a iluminación de Nadal

Fot. Galicia Ártabra-arch.

O Concello de Narón publicou o anuncio de licitación do contrato para subministrar e instalar a iluminación ornamental en varios espazos da cidade durante o Nadal. O importe de licitación é de 50.295 euros (sen incluír o IVE) e a duración do mesmo será do 1 de decembro deste ano ata o 8 de xaneiro de 2018, ambos incluídos, correspondéndose co acendido da iluminación.

As empresas interesadas en optar a este contrato poden consultar toda a documentación –pregos administrativos e técnicos- a través da web do Concello –www.naron.es-, no apartado do Perfil do Contratante, ou dirixirse ao correo electrónico: contratacion@naron.es. O prazo de presentación das ofertas rematará o 30 de outubro ás 23.59 horas.

Nos plegos especifícanse as rúas, prazas, edificios, glorietas e árbores que deberán ter iluminación navideña. As estradas de Castela e da Gándara, a de Cedeira, a rúa Cataluña, a Praza de Galicia, a do Concello de Xuvia, a Álvaro Paradela, a fachada do Concello e a árbore da residencia San José Obrero son algunhas das zonas nas que se instalará o material decorativo. En total colocaranse preto de duascentas unidades de iluminación para ambientar a cidade durante a tempada de Nadal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …