O Concello de Ferrol convida os colexios ao teatro de monicreques no Festea 2017

Instante da presentación de Festea – Concello de Ferrol

Festea 2017, a 2º Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques do Concello de Ferrol, ofrece, ademais da programación ordinaria de balde para todos os sábados (18:00) e domingos (12:00) de outubro e novembro, un total de once funcións extra para escolares do municipio que principian este xoves no Centro Cívico de Caranza.

O Concello de Ferrol, a través das áreas de Educación e Cultura, está a ofertar esta posibilidade a todos os centros de ensino público e concertado do municipio, en Educación Infantil e Primaria, para poder asistir as funcións que terán lugar os xoves e venres de outubro e novembro, no Centro Cívico de Caranza en dous pases, as 10:00 e as 12:30 horas.

Os colexios unicamente teñen que inscribirse no proxecto para poder acudir as funcións escolares no correo educación@ferrol.es

A primeira será este xoves 19 as 12:30, con “Requiem para un Monicreque”, da compañía Os Monicreques de Kukas, cunha montaxe que foi recoñecida co premio Barriga Verde. Repiten función o venres 20 as 10:00 e as 12:30 horas.

O seguinte pase escolar será o xoves 26 (12:30) e venres 27 (10:00 e 12:30) con ‘Todos au Balcón’, de Viravolta Títeres. Os colexios aínda terán outras cinco oportunidades en novembro, os días 9 (12:00) e 10 (10:00 e 12:30), coa montaxe de ‘Visiños’, da compañía lusa Partículas Elementares, e o colofón das funcións escolares será ‘Ceniencienta’, da compañía madrileña La Mar de Marionetas, o xoves 16 e 17 de novembro.

PROGRAMA DAS FUNCIÓNS ESCOLARES FESTEA 2017

CENTRO CÍVICO DE CARANZA

OUTUBRO

-XOVES 19, Pases as 12:30 horas “Requiem para un Monicreque”
-VENRES 20, Pases as 10:00 e 12:30
-XOVES 26 12:30 ‘Todos au Balcón’, de Viravolta Títeres
-VENRES 27 10:00 e 12:30,

NOVEMBRO

-XOVES 9, 12:30horas, ‘Visiños’, da compañía lusa Partículas Elementares,
-VENRES 10, 10:00 e 12:30 horas.
-XOVES 16, 12:30 horas ‘Cenicienta’, da compañía La Mar de Marionetas,
-VENRES 17, Pases as 10:00 e as 12:30 horas.

FESTEA 2017, TODAS AS FINS DE SEMANA DE OUTUBRO E NOVEMBRO

O concelleiro, Suso Basterrechea, destacaba hoxe que esta II edición do Festea está a ter unha excelente acollida, tanto ou mais que a primeira, no ano 2016. Tanto é así que prácticamente todos os espectáculos de balde nas fins de semana esgotan os convites que se poden retirar con antelación na billeteira do teatro Jofre no horario habitual (de martes a venres de 11 a 13 e de 18 a 20 horas).

Do Festea 2017 forman parte 10 compañías chegadas desde Galicia, Valencia, Madrid ou Castela pero tamén desde Portugal ou Guinea. Están enfocadas a un público familiar, para nenos (recomendable) a partir dos 3 anos, en funcións que se van alternando en distintos espazos municipais: Teatro Jofre, Centro Cultural Torrente Ballester e Centro Cívico de Caranza.

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …

Un comentario

  1. Vaia trola. Sería gratis se se mantivera o servicio de autobús para os colexios do rural. E non é así.