Cabanas recupera a fonte das Murgas e avanza traballos na de Anidos e Santa Lucía

Fonte das Murgas – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas vén de recuperar e pór en valor a antiga fonte das Murgas, emprazada no lugar de Batán e próxima ó centro educativo. En primeiro lugar, e tras anos sen actividade, o departamento de Obras recuperou o manantial que tradicionalmente subministraba auga á fonte e, así, volve a dispor deste recurso.

Así mesmo, ubicáronse dúas arquetas de decantación, que permiten limpar a auga, empregada no seu día polos veciños do lugar para labores de labradío e gandeiría. Nesta liña, o Concello avanzou que encargará o análise da auga para determinar a súa potabilidade. A estas tarefas engadiuse a limpeza do lugar e a construción dun banco de lousa aproveitando o muro de contención que foi preciso realizar nas inmediacións.

Os traballos realizáronse con persoal propio e materiais reciclados no Concello.

As seguintes actuacións de acondicionamento previstas desenvolveranse, tal e como avanza o Concello, nas fontes de Anidos e Santa Lucía, así como no lavadoiro de Fontao.

Lea también

La Xunta ejecuta actuaciones de conservación y limpieza en los ríos Brixeo, Eume y Chamoselo, a su paso por As Pontes

La Consellería de Infraestructuras e Movilidade, a través de Augas de Galicia, está desarrollando trabajos …