As xuntanzas veciñais para os orzamentos en Cabanas continúan este venres en Santa Cruz

Reunión en Laraxe para os orzamentos – Concello de Cabanas

Tralo seu paso por Laraxe, as xuntanzas veciñais organizadas polo Concello de Cabanas nas diferentes parroquias para recabar as propostas ós orzamentos municipais para o próximo ano continuarán este venres, 20 de outubro, no local social de Santa Cruz. A veciñanza poderá trasladar as súas suxerencias e iniciativas a partir das 20 horas.

Con esta iniciativa, o Concello busca favorecer a participación veciñal, especialmente no tocante ó capítulo de investimentos.

O calendario continuará a vindeira semana en San Martiño do Porto (o 26 de outubro) e no mes de novembro nas Viñas (día 6) e Lavandeira (día 8).

Lea también

As Pontes apoia a posta en marcha do proxecto enerxético de Endesa en O Tesouro

O tecido empresarial, económico e sindical das Pontes apoia a posta en marcha do PE …